Sunday 05 de May de 2024

Conclúe a actuación en Castro da Cidá coa colocación de sinalética e paneis divulgativos


Os paneis dispoñen de información en galego, castelán e inglés e levan incorporados códigos QR

Coa colocación dos paneis informativos e os sinais de indicación, deuse por concluída no último día do mes de outubro, a actuación de recuperación arqueolóxica de Castro da Cidá: unha das accións englobadas no proxecto Riveira Atlántica 2015 que tan bos resultados deu, incluso superiores ás expectativas que había antes de proceder coa excavación.

Os paneis divulgativos (un situado no acceso que está xunto ao miradoiro de Pedra da Ra e o outro no propio castro) levan incorporados, ademais de información –en galego, castelán e inglés-, uns códigos QR que conducen ao blog elaborado de forma paralela á escavación e no que se pode observar a evolución dos traballos: a súa dirección é castrodacida.esy.es.

Materiais resistentes
Cómpre destacar a especial resistencia dos materiais con que se fixeron ambos elementos: pés de ferro sen tratar (búscase unha rápida oxidación para adecualos ao entorno), postes de madeira de teca (lixeiramente elevados sobre o chan para que, ao perder contacto coa superficie, non podrezan) e cada panel en si formado por dúas chapas de aceiro inoxidable con outra chapa mariña no seu interior.

Así mesmo, colocáronse cinco sinais indicativas a xeito de punta de frecha.

Cómpre lembrar que, dende que a fase de escavación finalizou o 31 de maio, se estivo a consolidar as 15 cabanas desenterradas, todas elas dispostas nunha superficie de 450 metros cadrados. Os vestixios desenterrados denotan que a zona de actuación ten un forte compoñente artesanal e metalúrxico.

Outro dato curioso foi a aparición dunha caseta-facho de carácter rectangular presuntamente orixinaria do século e que formaba parte dunha rede de vixilancia de navegación marítima nunha época de continuas contendas con Gran Bretaña.